A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, realizou hoxe unha visita ós nenos/as participantes no programa municipal ConciliaEscola Verán, que estase a desenvolver durante o mes de xullo na Casa da Mocidade (A Gándara) en horario de 7:30 a 14:30 horas.

Trátase dun programa gratuito, dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os  12 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal deles e as súas familias.

ConciliaEscola está dividido en quendas semanais (de luns a venres), iniciándose o 30 de xuño e rematando o 1 de agosto, nun total de 5 semanas con 25 participantes en total. Neste tempo, os nenos/as realizan diferentes actividades como:

  • Actividades de sensibilización mediante fotografías que fomentan o intercambio de opinións, xogos semi-dirixidos sobre coeducación, dramatizacións e xogo de roles de estereotipos.
  • Xogos coeducativos: tarefas domésticas (promocionando un reparto equitativo das tarefas do fogar) e xogos alternativos (xogos populares, cantaxogos e contacontos para favorecer a cooperación e a educación).