María Josefa Wonenburger Planells, nome completo da "nai" da Teoría Kac-Moody

María Josefa Wonenburger Planells nace en Montrove, Oleiros, o 17 de xullo de 1927. Para pesar de moitos (a familia quería que estudase enxeñaría para seguir co negocio familiar) obtivo, en 1950, a licenciatura en matemáticas na Universidade Central de Madrid.

En 1953, trasladouse a Estados Unidos, sendo a primeira muller que o facía por unha bolsa Fullbright, o que lle permite estudar na Universidade de Yale para especializarse en álxebra.

No 1957 remata a súa tese, baseada na teoría de grupos e na teoría de álxebras de Lie. Foi mestra en diferentes Universidades (Toronto, Búfalo...)e tamén, directora de teses, entre elas a do matemático Robert V. Moody. Da súa man, Moody iniciou na súa tese a teoría coñecida como Álxebras de Kac-Moody, con aplicacións en Física e noutros campos das matemáticas.

Toda a súa traxectoria fíxoa en anonimato, só se falaba de M.Wonenburger. Asociábana a un norteamericano ou mesmo a un alemán, sen saber que detrás dese nome estaba unha muller galega. Foi descuberta, no 2002, no Congreso de Xeometría Alxebraica de Santiago, cando coincidiu con Federico Gaceta (compañeiro dela na Universidade de Indiana) o cal quedou moi extrañado de que María Wonenburger non fose coñecida nin en Galicia nin en España.

Máis tarde chegaron os méritos. No 2006 publicaron a súa biografía na revista La Gaceta da Real Sociedade Española de Matemáticas, quen ó ano seguinte a nomeou Socia de Honra. No 2010, foi investida Doctora Honoris Causa pola Universidade da Coruña; a Xunta púxolle o seu nome ó premio co que se recoñece ás mulleres máis destacadas no ámbito científico e tecnolóxico e, o Concello de Oleiros adicoulle un parque en Montrove.

Falece o 13 de xuño de 2014, na súa terra natal, Galicia, a onde regresou en 1983 para coidar de súa nai.