O Concello de Narón garda un minuto de silencio en repulsa polo recente asasinato dunha muller en Foz nun novo caso de violencia de xénero

Representantes políticos municipais do Concello de Narón (encabezados polo Alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio) e funcionarios municipais saíron hoxe á Praza de Galicia para gardar un minuto de silencio en sinal de repulsa pola morte violenta dunha muller o pasado día 24 de abril, presuntamente asasinada pola súa parella.

Tamén participaron nesta concentración silenciosa a Concelleira de Acción Social, Catalina García, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e o Concelleiro de Patrimonio e Transporte Público, Mario Isasi.