A Concellería de Igualdade celebrará o Día Internacional da Muller cun amplo programa de actividades que se prolongará ata o mes de maio.

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de presentar o programa de actos para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Con motivo desta data, se desenvolverán as seguintes actividades municipais:

  • Xoves 6 de marzo: Nomeamento institucional da Muller do ano 2014, ás 12:30 horas no Concello de Narón. Como tódolos anos, o nome da muller elexida darase a coñecer nese momento, para manter a sorpresa da protagonista.
  • Sábado 8 de marzo: espectáculo teatral “El(l)as confidencial”, ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Pódense reservar as entradas para o espectáculo chamando ó teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Prezo: 6,65 € (subvencionado polo Concello). En taquilla venderanse ó prezo normal.
  • Mércores 12 de marzo: mesa redonda “Educando en Igualdade”, ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto.
  • Venres 14 de marzo: Cea da Muller. As entradas teñen un prezo de 15 € e poden reservarse chamando ó Concello (981 33 77 00- extensións 1108 ou 1113) ou ben no Restaurante A Trasanquesa (Sedes) ata o día 10 de marzo. A cea será neste establecemento hostaleiro a partires das 22:00 horas.
  • Xoves 15 de maio: confección dun Mural conmemorativo, entre tódalas mulleres asistentes, na Praza de Galicia ás 18:00 horas.

Estas actividades contan coa colaboración do Padroado de Cultura de Narón e do movemento asociativo naronés. Para máis información, pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ou ben chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1108).