O Concello abre o prazo para inscribirse o día 2 de decembro.

O Concello de Narón ven de abrir o prazo para inscribirse no Obradoiro gratuito de Alfabetización Dixital, dirixido a mulleres, Trátase dun curso que pretende achegar ao mundo das novas tecnoloxías e a informática ás usuarias que non teñen acceso.

Abórdanse aspectos moi básicos da informática en diferentes niveis de complicación.

Os obxectivos deste Obradoiro de Alfabetización Dixital son os seguintes:

  • Ampliar o nivel de coñecemento de redes sociais, fotografía dixital e sistemas de comunicación por videoconferencia gratuítos.
  • Poñer a disposición das mulleres recursos formativos ao longo do seu ciclo vital.
  • Utilizar de xeito optimizado os navegadores e buscadores de redes.

 

Estos cursos desenvolveranse na Aula CEMIT (situada na praza do antigo Concello, en Xuvia) e diríxense a mulleres entre 16 e 60 anos.

O número máximo de participantes é de 40 persoas, e dividiranse en grupos máximos de 10 persoas.

Os cursos comenzarán no mes de decembro, no seguinte horario:

  • Local Social Municipal de Sedes: martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.
  • Local Social Municipal de O Val: martes e xoves de 18:30 a 20:30 horas.
  • Aula CEMIT de Xuvia: martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas.

 

As clases terán unha duración de 4 horas (divididas en 2 sesións de 2 horas cada unha).

As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral Municipal a partires do luns 2 de decembro.


Este curso está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Narón, e conta coa subvención da Deputación da Coruña.