A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova edición do programa Conciliaescola neste Nadal

A Concellería de Igualdade do Concello de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abre hoxe luns 9 de decembro o prazo de inscrición para participar no programa Conciliaescola, dirixido a nenos/as de 4 a 12 anos de idade.

Esta iniciativa está pensada para facilitar a conciliación laboral e familiar das mulleres con fill@s ó seu cargo, durante as vacacións de Nadal.

O programa Conciliaescola desenvolverase simultáneamente en Pedroso, A Solaina e o Alto do Castiñeiro e haberá dous quendas:

  • 1ª quenda: días 23, 26 e 27 de decembro
  • 2ª quenda: 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro


Horarios:

  • Pedroso: de 10 a 13 horas
  • A Solaina: de 7:30 a 14:30 horas
  • Alto do Castiñeiro: de 10 a 13 horas


O número máximo de participantes é de 10 nenos/as por cada grupo.

A tarifa é gratuita, e o prazo de inscrición remata o día 16 de decembro. As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial, incluídos @s nenos/as seleccionad@s polos servizos sociais de atención primaria por traballadoras sociais e educadoras sociais.

Para máis información, pódese acudir ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ou ven chamar ó número de teléfono 981 337700 (extensión 1113).