O Concello organiza unha mesa redonda e unha ofrenda floral no Monumento á Muller con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de presentar os actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebrarán o luns 25 de Novembro.

Os actos consistirán nunha mesa redonda sobre esta temática, e unha ofrenda floral no Monumento á Muller.

A mesa redonda terá lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, a partires das 17:00 horas, e con entrada libre. Estará moderada por Mª del Carmen Espada (Concelleira de Educación e Coordinadora do Servizo Sociocomunitario Municipal) e as ponentes serán as seguintes:

  1. Judith Martínez (Educadora Social do Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón)
  2. Mª del Carmen López (psicóloga experta en violencia de xénero)
  3. Margarida Sánchez (secretaria confederal de muller e mocidade na CIG)
  4. Cristina Fernández (experta en Violencia de Xénero)

 

Unha vez finalizada a mesa redonda, os actos trasladaránse ó Monumento á Muller (situado na Praza de A Gándara) onde está prevista unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto sobre os dereitos da muller (entorno ás 18:45 horas).

Esta accións enmárcanse dentro do II Plan de Igualdade de Narón, que ten como obxectivo estratéxico promover actuacións de sensibilización en materia de violencia de xénero, que contribúan á súa erradicación e á implicación de toda a cidadanía na loita contra este fenómeno nas súas distintas manifestacións.