O Concellería de Igualdade abre hoxe o prazo para inscribirse nesta xornada.

A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de organizar a “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” que se desenvolverá os días 20 e 21 de novembro (de 16:00 a 20:00 horas) na planta baixa da Biblioteca Municipal do Alto.

Esta xornada está dirixida a mulleres con diversidade funcional, e as interesadas en asistir poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello dende o 31 de outubro ata o 15 de novembro. Formaranse dous grupos como máximo, con 25 persoas cada un deles.

Esta xornada forma parte do II Plan de Igualdade do Concello de Narón en ten como obxectivo reforzar as actuacións dirixidas a mulleres pertencentes a colectivos en situación de especial vulnerabilidade, atendendo á súa diversidade. Tamén se pretende fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais dende o punto de vista da igualdade.

Outros obxectivos son identificar actuacións de violencia de xénero, sensibilizar sobre a necesidade de denunciar calquera tipo de violencia, e divulgar e achegar os dispositivos e centros contra a violencia de xénero.

O programa da “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” é o seguinte:

A violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións.

  •  Definición.
  •  Características.
  •  Tipos de violencia (nomeadamente malos tratos físicos e psíquicos, violencia sexual, acoso sexual)
  •  Normativa en materia de violencia de xénero.

 

A discapacidade en Galicia dende a perspectiva de xénero.

  •  Estatísticas.
  •  Emprego e formación.
  •  Saúde e benestar.
  •  Lecer e participación.


O impacto da violencia de xénero sobre as mulleres con discapacidade

  •  Especiais características da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade.
  •  Presentación da información recollida no Informe sobre Xénero e Discapacidade da Xunta de Galicia 2012 ao respecto e informes de carácter local.


Mesa redonda con representantes das asociacións contactadas, na que cada representante contará a experiencia en materia de igualdade e violencia de xénero na súa entidade, con debate posterior. Entidades participantes: