O Concello de Narón acaba de publicar o proxecto técnico do seu II Plan de Igualdade denominado "Por Igual"

O Concello de Narón sacou á luz "Por Igual": o seu II Plan Municipal de Igualdade. Este texto pode ser descargado para a súa consulta na sección Publicacións, no apartado PIM: http://igualdade.naron.es/es/publicaciones/pim

Este proxecto técnico é a base sobre a que se desenvolverá o II Plan Municipal de Igualdade, actuando como documento de partida para os ditames da Comisión Informativa e Acordo Plenario que proceda na súa aprobación definitiva, así como o proceso de alegacións, suxestións, etc... Por outra banda, está pendente a aprobación das partidas orzamentarias destinadas á súa execución.

Nas súas follas poderemos coñecer en que se fundamenta o II Plan, o marco normativo no que se desenvolve e cal é a realidade das mulleres en Narón reflectida en cifras. Se descrebe con detalle a estratexia metodolóxica que habemos de seguir así como os diferentes eixos sobre os que se propón estruturar o Plan e cales van ser os procedementos de avaliación para coñecer a súa efectividade.