Mañá día 5 de marzo do 2013 haberá unha recepción sorpresa no Concello.

Mañá martes, día 5 de marzo do 2013, ás 11:15 horas haberá unha recepción á Muller do Ano de Narón 2013, na Casa do noso Concello.

Asistirán a este acto de nomeamento o noso alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, acompañad@s doutr@s integrantes da Corporación Municipal, ademáis da propia galardoada, que nestes intres descoñece o seu nomeamento.

O evento terá lugar na Sala de Recepcións situada na 2ª pranta do Concello.

Mañá coñeceremos a esta destacada muller naronesa.