O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acolle a obra de teatro ‘Malos hábitos’ incluída no programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá, o vindeiro venres 12 de abril ás 20:00 horas, a representación teatral da obra "Malos hábitos" protagonizada polas actrices Camila Bossa e Iolanda Muíños.

Iolanda Muíños foi elixida recentemente Muller do Ano en Narón 2013, por ter destacado profesionalmente e polos valores que representa para o resto das mulleres. Se queredes saber máis deste nomeamento lede a nova na nosa web: http://igualdade.naron.es/actualidade/arquivo/201303/iolanda-muinos-muller-do-ano-de-naron-2013

A entrada a este espectáculo é de balde. Pódense retirar nas taquillas do Auditorio, 30 minutos antes do comezo da función.

"Malos hábitos" é unha comedia escrita e dirixida polo dramaturgo naronés José Luis Prieto. Con esta obra, Camila Bossa e Iolanda Muíños optan ó premio de teatro María Casares 2013 na categoría de mellores actrices protagonistas.

Esta obra de teatro forma parte da programación de actividades da Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Con anterioridade, o venres día 8 celebrouse unha Cea de Mulleres na sala de festas A Concha (O Val) á que asistiron perto de 150 mulleres. E o pasado martes, 5 de marzo, o Concello acolleu unha recepción institucional á Muller do Ano en Narón, Iolanda Muíños.