A Concellería de Promoción Social de Narón organiza un Obradoiro de Cociña Saudable dirixido a homes

A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de organizar un Obradoiro de Cociña Saudable dirixido a homes.

Os talleres se realizarán nos Centros Comunitarios ‘Manuela Pérez Sequeiros’ e ‘Casas da Mariña, e terán unha duración de 24 horas divididas en seis xornadas (venres e sábados, de 16:30 a 20:30 horas).

Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude no Servizo Sociocomunitario Municipal.O número de prazas é limitado (10 prazas por cada obradoiro).

A través deste obradoiro, os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e menús.

Os obxectivos principais destos obradoiros son: aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña, coñecer qué produtos son máis saudables e en qué cantidades para as persoas maiores, e promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable.

Esta actividade forma parte do Programa de Atención ás Persoas Maiores, a través do cal se fomenta a educación para a saúde entre persoas maiores (neste caso, homes).

O Obradoiro de Cociña Saudable achegará ós asistentes conceptos e coñecementos elementais sobre nutrición, para que poidan ser utilizados e aplicados á vida cotiá. Ademáis, preténdese cocienciar do papel da alimentación na saúde e prevención das enfermidades, tanto físicas coma psicolóxicas.