O Recinto Feiral do Trece acolle este fin de semana a celebración da Noite da Luz, que marca o solsticio de inverno

A Noite da Luz está organizada polo Grupo de Traballo para o desenvolvemento socioeconómico de Sedes (formado pola asociación de veciños Rosa dos Ventos, asociación de mulleres rurais Nova Aldea, e o colectivo Foro Rural) en colaboración co Padroado de Cultura de Narón.

O Recinto Feiral do Trece, en Sedes, acolle este fin de semana (días 14 e 15 de decembro) a celebración da Noite da Luz 2012, coincidindo coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro), día con menos luz do ano, e que marca o solsticio de inverno.

O programa de actos comenzará hoxe venres día 14 de decembro, ás 19:30 horas, co Ateneo Aldeano, na Escola Rural de Sedes. Alí levarase a cabo unha tertulia baixo o título “Escola, Educación e Cultura…para qué …. Para quén?”.

Mañá, sábado 15 de decembro ás 19:00 horas formarase a Comitiva da Luz na Capela da Luz (en Santa Lucía), onde un grupo de persoas portarán 13 fachos –un por cada parroquia e barrio de Narón- ata o Monte Esperón, en Sedes. Unha vez aí, acenderase a Roda da Luz dos Fachos.

Posteriormente, os participantes disfrutarán dun caldo comunitario no parque temático Aldea Nova, onde tamén se levará a cabo unha recreación parateatral da obra “A Morada do Sol”.