Programa de actividades polo 25 de Novembro

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, está a desenvolver un variado programa de actos con motivo do 25-N, día para a eliminación da violencia de xénero.

Así, durante este mes de novembro pódese visitar na Biblioteca Municipal do Alto (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas) unha exposición de carteis do Concurso do 25-N.

Ademáis, o domingo 25 de novembro haberá unha concentración participativa, ás 12:00 horas na Praza de Galicia, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres.

Do 26 ó 30 de novembro desenvolverase no Centro Comunitario das Casas da Mariña (de 17 a 19:15 horas) o curso “Autoprotección ante a violencia de xénero” organizado pola secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

E durante a última semana de novembro, e o 10 de decembro, desenvolveranse as seguintes sesións de videofórum e monólogos:

 

Data

Actividade

Hora

Lugar

Luns 26 de novembro

Videoforum: contra a violencia de xénero

18:30

Centro Cívico Social de Xuvia

Martes 27 de novembro

Videoforum: contra a violencia de xénero

17:30

Local Veciñal de Pedroso

Mércores 28 de novembro

Monólogo: “No solo duelen los golpes”

17:00

Auditorio Municipal

Xoves 29 de novembro

Videoforum: Narón-Shore (Paloma Palenciano)

17:00

Casa da Mocidade

Venres 30 de novembro

Videoforum: contra a violencia de xénero

17:00

Casa da Mocidade

Luns 10 de decembro

Videoforum: contra a violencia de xénero.
Lectura do manifesto institucional e ofrenda floral no monumento á muller

17:00

Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”