A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, fixo públicos os nomes das gañadoras do I Concurso de carteis conmemorativos do 25 novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

“Non deixes que marquen a túa vida” é o título do cartel de Laura Fernández que resultou gañador no I Concurso de Carteis conmemorativos do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Narón.

O cartel gañador do primeiro premio será utilizado para confeccionar os carteis e programas das actividades organizadas con motivo da conmemoración do 25 de novembro.

O fallo do xurado foi o seguinte:

  • 1º premio: “Non deixes que marquen a túa vida” de Laura Fernández Fernández.
  • 2º premio: (Accesit )”Non es o seu xoguete” de María Isabel Herrero Díaz.
  • 3º premio: (Accesit )”Estreliña” de Isabel Nuñez Montero.

 

Dende día 1 estanse a expor na biblioteca municipal unha selección dos traballos presentados. Esta exposición permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2012.

Os traballos non premiados poderán ser recollidos no Servizo Sociocomunitario municipal no prazo dun mes dende a finalización da exposición.

Transcorrido devandito prazo sen que se producira a recollida dos traballos, procederase á destrución dos mesmos.

As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello de Narón.