O Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ven de convocar tres cursos de lingua galega,

que se desenvolverán no mes de setembro de 2011 co fin de mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía.

Os cursos están orientados tanto ós veciños/as de Narón coma ó persoal que traballa na administración municipal.Ofertánse os seguintes:

  • “O Galego no comercio”. Dirixido ó persoal que traballa no sector do comercio e á cidadanía en xeral, coa finalidade de mellorar a súa competencia en lingua galega e de reflexionar sobre a importancia de empregar o galego no ámbito do comercio.
  •  “A linguaxe administrativa”. Dirixido ó persoal que traballa na administración e á cidadanía en xeral, coa finalidade de dar a coñecer o estilo e as características da linguaxe administrativa, así como a redacción de documentación.
  •  “O sexismo na linguaxe”. Dirixido ó persoal que traballa na administración e á cidadanía en xeral, coa finalidade de contribuír ó emprego dunha lingua non sexista nin discriminatoria.

 Calendario de cursos dirixidos á cidadanía en xeral:

Curso:                                    Datas:                                    Lugar:                      Horario:              Duración:

O galego no comercio       Do 5 ó 16 setembro,         AVV de A Gándara         20:30 a 22:30            20 horas

O sexismo na linguaxe      Do 5 ó 16 setembro,         AVV de A Gándara         18:30 a 20:30            20 horas

A linguaxe administrativa   Do 19 ó 30 setembro,       AVV de A Gándara         18:30 a 20:30            20 horas

 

Calendario de cursos dirixidos ó persoal da administración local:

Curso:                                     Datas:                                Lugar:                       Horario:              Duración:

A linguaxe administrativa    Do 5 ó 16 setembro,       Casa do Concello         08:00 a 10:00            20 horas

O sexismo na linguaxe       Do 19 ó 30 setembro,     Casa do Concello         08:00 a 10:00            20 horas

 

Os interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, entre o 8 e o 31 de agosto (ambos inclusive). Deberán presentar unha solicitude que se lles entrega no propio Rexistro, e a fotocopia do DNI ou do Pasaporte. Os cursos son gratuitos.