O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron os 41 diplomas correspondentes.

O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron os 41 diplomas correspondentes a tres cursos organizados por esta concellería.

A relación de cursos impartidos foi a seguinte:

  • Curso “Cooperando en igualdade por medio da educación” (30 diplomas) . As alumnas adquiriron ou actualizaron unha formación básica de lectura, escritura e cálculo que permitiralles desenvolverse en diferentes situacións da vida cotiá, ademáis de acceder aos distintos niveis educativos e profesionais.
  • Curso “Cooperando en igualdade: destrezas de xestión persoal” (8 diplomas). As asistentes formáronse en habilidades para mellorar os seus hábitos domésticos, e obter habilidades sociais e preelaborais.
  • Curso para a mellora da economía doméstica a partir dunha destreza ocupacional: Confección (3 diplomas). As alumnas adquiriron coñecementos para aprender a confeccionar as súas propias prendas de vestir.

Antes de facerlles entrega dos diplomas, o Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, agradeceulles a súa participación nestos cursos e animoulles a seguir adquirindo formación para mellorar a súa calidade de vida. “Na vida é útil aprender todo o que sexa posible, e manter as ansias por aprender tamén o é”, sinalou o rexedor. A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, destacou a calidade e a utilidade destos cursos, especialmente nos momentos actuais de crise.