A Secretaría de Estado de Igualdade convoca axudas á pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de plans de igualdade, correspondentes ao ano 2011.

Entidades beneficiarias:

A concesión das subvencións terán como beneficiarias as empresas, sociedades cooperativas, comunidades de bens, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que, no ámbito das relacións laborais, adopten un plan de igualdade tendente a alcanzar na súa organización a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño de 2011.

Máis información no BOE do 31 de maio de 2011 e en www.migualdad.es