A Biblioteca Municipal acolle a charla “Experiencias da vida” na que tres mulleres de ámbitos diferentes falarán do seu papel no mercado laboral

O Concello de Narón e a Deputación Provincial de A Coruña desenvolverán na tarde do martes 22 de marzo, a charla “Experiencias da vida”, incluída na programación de actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

As relatoras serán Montse Fraga, presidenta da asociación Aspaneps), Dolores Martínez (representante do sindicato CIG en A Coruña) e Estela Sanchez (entrenadora). A cita será ás 17:30horas, no sótano da Biblioteca Municipal de O Alto. Ademáis das relatoras, estarán presentes o Vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e a Concelleira de Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada.

O obxectivo xeral desta actividade é visibilizar que as conquistas laborais da muller son cada vez maiores, igual que o porcentaxe de mulleres asalariadas, estudantes universitarias, empresarias, cargos políticos, etc. Aínda así, seguen existindo peculiaridades que establecen claras diferenzas entre xéneros. Se non se celebra un Día Internacional do Home traballador é, entre outras cousas, porque historicamente unha das funcións principais do varón foi o traballo e, con iso, a achega económica á vida familiar.Da muller non se esperaba, moralmente, a súa ambición e/ou necesidade de incorporarse ao traballo, sobre todo se isto producía o desprazamento da súa función no seo familiar. As cousas cambiaron, aínda que non cambiou tanto a ideoloxía ao respecto.

Esta charla está promovida pola Deputación da Coruña dentro dun ciclo de conferencias sobre a situación actual da muller traballadora en Galicia no marco da conmemoración do 8 de marzo. A entidade provincial aporta algúns datos para a reflexión sobre o papel da muller no eido laboral:

  • En Galicia o 53,56% das mulleres están en situación de desemprego e só no 2010, 27.500 mulleres perderon o seu traballo.
  • Só o 23% das mulleres terán dereito a cobrar o 100% da xubilación, un 28% das galegas ten contrato temporal e un 20% traballa a tempo parcial, cobrando un 26% menos que os homes.