02/03 Mércores Programación de actos para conmemorar o 8 de marzo, Dia Internacional da Muller

Nomeamento da Muller do Ano de Narón, tradicional cea de mulleres, unha exposición de traballos de artesanía na Praza da Gándara, e unha charla sobre a muller no mercado laboral

03/03 Xoves Dieta Atlántica: receitas que coidan a túa saúde

O presidente de ASGAEDA,destacou os beneficios dunha dieta atlántica que aos poucos se está demostrando que ademais de que á xente gústalle gastronómicamente, "é boa para a saúde".

07/03 Luns Nomeamento da Muller do Ano en Narón

Hoxe o nome da premiada de Muller do Ano de Narón.

11/03 Venres ‘Muller do Ano de Narón’

O Concello distingue a Benigna Díaz Corral co nomeamento de ‘Muller do Ano de Narón’ polo seu traballo a prol da Democracia durante a Guerra Civil

22/03 Martes “Experiencias da vida”

A Biblioteca Municipal acolle a charla “Experiencias da vida” na que tres mulleres de ámbitos diferentes falarán do seu papel no mercado laboral

30/03 Mércores Programa de apoio para que as mulleres monten empresas en sectores emerxentes

As Cámaras de Comercio xunto coa Secretaría de Estado de Igualdade puxeron en marcha a iniciativa "Muller e Sectores Emerxentes"

31/03 Xoves Ecoescola

O Concello convoca unha nova edición do programa Ecoescola para conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións de Semana Santa