A pílula pode interaccionar cos antibióticos e diminuír a súa eficacia.

Interaccións

Durante os períodos de outono e inverno, moitas das mulleres que toman anticonceptivos hormonais orais (pílula) necesitan tomar algún antibiótico para combater catarros ou outras infeccións.

O que non saben é que a pílula, igual que a maioría de antibióticos, coincide no fígado para a súa descomposición (metabolización). Isto implica que a pílula pode interaccionar cos antibióticos e diminuír a súa eficacia.

Tamén é coñecido que un dos principais efectos adversos dos antibióticos son as diarreas así como as molestias gastrointestinales. Estes efectos adversos tamén poden diminuír a eficacia da pílula.

A administración de hormonas anticonceptivas a través do anel mensual fai que ditas hormonas non teñan que pasar polo fígado nin tampouco se vexan afectadas por diarreas ou vómitos causadas polos antibióticos co que a eficacia anticonceptiva do anel mensual non se ve afectada.

Avalado pola SEGO, sociedad española de ginecología