Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro.

A Concelleira de Ensino e Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, informou da ampliación do programa Ecoescola ós primeiros días do ano 2011. Inicialmente, o Concello de Narón tiña convocado este programa de actividades medioambientais en Aldea Nova do 27 ó 30 de decembro de 2010, pero ante a existencia de prazas libres decidiuse amplialo ós días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2011.

Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro. O programa Ecoescola está dirixido a familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas en períodos de vacacións escolares do Nadal.

O prezo do programa é de 15 euros, e inclúe o xantar e o desprazamento ó parque temático integral do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Existen unha serie de prazas reservadas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún.

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura, o que lles permitirá adquirir novos coñecementos de xeito divertido.

Relación de actividades incluídas na Ecoescola do Nadal 2010:

  1. Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas)
  2. Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñas na cociña solar, facer motores…)
  3. Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…)
  4. Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e obradoiros de pegadas dos animais)
  5. Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)
  6. Supervivencia (saber orientarse no medio físico)
  7. Cometas (aprender a facer cometas)
  8. Gandeiría (coñecemento e coidado dos animais de granxa)
  9. Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo)
  10. Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)
  11. Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques…)
  12. Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)
  13. Candeas (realizar velas con paneis de abellas)
  14. Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)