Actualmente podemos atopar en calquera época do ano as froitas, hortalizas, carnes e peixes que desexemos.

Isto débese a que os adiantos tecnolóxicos permiten cultivar en invernadoiros, e criar en granxas e piscifactorías acondicionadas, ou mantelos refrixerados unha vez xa dispostos para vender e consumir.

Aínda que isto é unha vantaxe, respectar a tempada de cada produto é moito máis beneficioso, tanto para a nosa saúde como para nosa economía. Os produtos de tempada, ao obtelos respectando os meses exactos para o seu desenvolvemento, conteñen todos os nutrintes, vitaminas e beneficios para o noso organismo, ademais dun olor e sabor moito máis auténtico.

Por outra banda, compralos nos seus meses supón que estean máis baratos, xa que abundan no mercado e, ao non haber escaseza, os prezos non teñen que ser elevados.

Ler mais...