"Elas teñen que mandar na cama", sentenciou o director do Infectious Diseases Institute (IDI), Alex Coutinho, ante o paradoxo de que o grupo de maior risco de contaxio da SIDA sexan as mulleres das cidades africanas con certa formación e recursos, porque non saben dicir non ás demandas sexuais dos homes nin esixirlles o uso do preservativo.

A ameaza máis elevada de novas infeccións sitúase nas zonas urbanas, un 6% por encima da existente nas áreas rurais. O motivo: O sexo converteuse para elas en "unha mercadoría para conseguir favores e privilexios, na súa loita por unha mellor calidade de vida e un salario remunerado". Moitas mulleres, conclúe, empezan a ter sexo antes, aos 15 anos fronte aos 17 dos homes, cando aínda non están totalmente desenvolvidas, de modo que se agravan as consecuencias da infección. Ademais, é máis fácil que se contaxien porque nos xenitais femininos hai moitas máis zonas expostas ao virus que nos masculinos.

"En África, a miúdo un home ten tres mulleres e, se é seropositivo, contaxiará ao resto", comentou Coutinho sobre un continente onde a poligamia é aínda frecuente. 

"Isto é un paradoxo, porque non son as máis pobres nin as máis ignorantes as que máis se contaxian, senón aquelas que comezan a gañar diñeiro traballando nas cidades", declarou a Axencia Efe.

"A última zona da sociedade onde as mulleres teñen que alcanzar poder é na súa propia habitación, na súa vida sexual, tamén en Asia e en Europa, determinando o que un home pode ou non debe facer", insistiu Coutinho, co obxectivo de que, polo menos, perdan o medo a esixirlles que usen condón.

Moitas mulleres, conclúe, empezan a ter sexo antes, aos 15 anos fronte aos 17 dos homes, cando aínda non están totalmente desenvolvidas, de modo que se agravan as consecuencias da infección. Ademais, é máis fácil que se contaxien porque nos xenitais femininos hai moitas máis zonas expostas ao virus que nos masculinos.

EFE/Almudena Domenech (mujer hoy)