01/09 Mércores Vacacións en Paz

A concelleira María del Carmen Espada, despide hoxe aos 7 nenos e nenas saharauis que pasaron as súas vacacións en Narón acollidas por familias do noso Concello. Sen dúbida unha experiencia inolvidable para todos e todas.

08/09 Mércores Luz verde aos pisos protexidos para os beneficiarios da asociación Nosa señora de Chamorro

O Concello de Narón e a promotora Costa Coruña, que oferta pisos protexidos en aluguer no Alto, firmarán un convenio de colaboración para dotar apartamentos a usuarios e beneficiarios da asociación Nosa Señora de Chamorro, que traballa co colectivo de discapacitados intelectuais.

09/09 Xoves Nut Teatro experimentan no ámbito doméstico con “Wake up”

Wake up continúa na liña de traballo trazada polas anteriores propostas escénicas de Nut Teatro.O espectáculo trata de “abrir as portas e as xanelas das casas que nos protexen para ver como nos comportamos dentro do fogar”.

11/09 Sábado Curso para a creación de empresas

Aberta a inscrición na 2ª edicion de 2010 do Curso de Creacion de empresas. Este curso está dirixido a mulleres, comeza en setembro na Coruña e a inscrición é gratuíta.

15/09 Mércores Axudas para libros de texto, comedor escolar e transporte universitario

O Concello de Narón mantén aberto o prazo de solicitude para optar a axudas escolares de diverso tipo. Os interesados poden obter información e presentar as correspondentes instancias e documentación no Rexistro Xeral do Concello (pranta baixa do Concello) ou no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 horas.

18/09 Sábado O traballo das mulleres no mundo rural

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, ven de organizar unha exposición titulada “Elas sempre están”, que se poderá ver no Pazo da Cultura de Narón do 17 ó 30 de setembro.

22/09 Mércores Foro de cidadás sobre a situación das mulleres en zonas de conflicto

O Foro de cidadás de Narón celebrarase na Biblioteca do Alto o 30 de setembro ás 18:00 horas, coa participación da Marcha Mundial das Mulleres.

29/09 Mércores Nesta ocasión o foro de Cidadás tratará da situación das mulleres nas zonas de conflicto

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a organizar unha nova edición do Foro de Cidadás de Narón, enmarcado no I Plan de Igualdade Municipal.