O teléfono 016 busca priorizar o seu compromiso contra a violencia de xéner. O obxectivo principal é converterse nun instrumento para adoptar actuacións destinadas á prevención e erradicación da violencia de xénero.

O teléfono 016 é un servizo de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

 

Os servizos ofrecidos son os seguintes:

  • Atención gratuíta e profesional
  • Atención as 24 horas do día os 365 días do ano
  • Atención consultas procedentes de todo o territorio
  • Derivación de chamadas de emerxencia ao 112
  • Coordinación de servizos similares das Comunidades Autónomas
  • Información ás mulleres vítimas de violencia de xénero e á súa contorna sobre que facer en caso de malos tratos
  • Información sobre recursos e dereitos das vítimas en materia de emprego, servizos sociais, axudas económicas, recursos de información, de asistencia e de acollida para vítimas deste tipo de violencia
  • Asesoramento xurídico
  • Atención nos seguintes idiomas: galego, castelán, catalán, vasco, inglés, francés, alemán, árabe, búlgaro, chinés, portugués, romanés e ruso.


900 116 016 para persoas con discapacidade auditiva e/ ou da fala