Coa vontade que dende o sistema educativo se colabore para erradicar a violencia e promocionar a igualdade convócase este premio.

O Ministerio de Educación convoca este premio coa vontade que dende o sistema educativo tamén se colabore en eradicar a violencia e promocionar a igualdade real entre homes e mulleres.

A finalidade é premiar experiencias educativas, materiais curriculares e de soporte, así como investigacións educativas que contribuían a previr e erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxectivo de desenvolver estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres.

O prazo para presentar propostas remata o 20 de setembro de 2010.

Ligazón relacionada: Resolución do 11 de maio de 2010, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os "Premios IRENE: a paz empeza na casa" para o ano 2010.