Durante os meses de xullo e agosto e os primeiros días de setembro, este espacio lúdico e educativo abrirá as suas portas en horario de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres, e as tardes dos mércores de 17:30 a 20:00 horas.

A Concellería de Infancia de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, ven de iniciar o programa de actividades da Ludoteca Municipal de A Solaina para este verán. Durante os meses de xullo e agosto e os primeiros días de setembro, este espacio lúdico e educativo abrirá as suas portas en horario de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres, e as tardes dos mércores de 17:30 a 20:00 horas.

A Ludoteca Municipal de A Solaina é un servizo público e gratuito, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Ademáis, @s nen@s de 2 anos poden acudir acompañados dun adulto, nos horarios de xogo libre. Todos os socios e socias deben respetar os horarios segundo a súa idade, de forma que poden acudir á ludoteca un máximo de 5 horas semanais repartidas en 3 días.

O obxectivo da ludoteca é utilizar o tempo de lecer e o xogo como estratexias de intervención socioeducativa e así contribuir ó crecemento harmónico da personalidade dos nenos e nenas. Ademáis, a Ludoteca Municipal de A Solaina promove a educación en valores coma a igualdade, a cooperación, a solidaridade, a participación e o respeto ós demáis, utilizando sempre o xogo coma elemento metodolóxico.

Para poñer en práctica estos principios, a Ludoteca ofrece os seguintes obradoiros para este verán:

  • Debuxo e pintura (témperas, acuarelas, ceras, lápiz e pintura de dedos).
  • Manualidades (goma-eva, papiroflexia, barro, e elaboración de xogos e xoguetes con materiais de refugallo).
  • Maxia.
  • Experimentos e xogos científicos.
  • Xogos populares.
  • Xogos de mesa (axedrez, damas, camipionatos de parchís)
  • Música e baile
  • Contacontos

Facerse socio/a da Ludoteca é moi sinxelo. Os pais e nais unicamente deberán cubrir dous impresos que se entregan nestas instalacións, e adxuntar unha fotografía tamaño carnet do neno ou nena que se quere inscribir.

<!--[if gte mso 9]> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 <![endif]--><!--[if gte mso 9]> <![endif]--> <!-- /* Style Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-font-family:"Times New Roman";} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:70.85pt 3.0cm 70.85pt 3.0cm; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} --> <!--[if gte mso 10]>

<![endif]-->