A través desta exposición virtual podemos ver as fotografías de Dayanita Singh, como a serie "Ladies of Calcuta", un retrato da muller na sociedade India.

Dayanita Singh estudou comunicación visual no National Institute of Design, Ahmedabad, e fotoxornalismo e fotografía documental no International Center of Photography de Nova York.

A súa obra expúxose en numerosas institucións entre as que cabe destacar o Brooklyn Museum, dentro da exposición "Feminismo Global", ou a Asian Society de Nova York, ademais de Berlín, Boston ou Turín.

A obra desta artista busca o fronteirizo e o ambigüo tanto nos retratos de persoas, polo que é máis coñecida, como en aqueles de lugares.

Ligazón á exposición virtual de Dayanita Singh