A expresión "Conciliación da vida laboral e familiar" fai referencia á necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares

A expresión "Conciliación da vida laboral e familiar" fai referencia á necesidade de compatibilizar o traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares; non obstante, tamén ten que estar relacionada coa dispoñibilidade de tempo para o desenvolvemento persoal de cada individuo. É entón cando falamos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A conciliación da vida persoal, laboral e familiar preséntase como unha necesidade que afecta a toda a sociedade e que, polo tanto, debe ter unha resposta conxunta implicando a todos os axentes, administracións públicas, organizacións, axentes sociais, cidadanía en xeral, etc.

  • A Administración pública: a través da creación de servizos  de apoio e novas infraestruturas que faciliten a conciliación e proporcionando modelos de flexibilidadade no contorno de traballo que sirvan de exemplo ao resto das organizacións.
  • Empresas e sindicatos: adoptando novas formas de organización do traballo que permitan, tanto a mulleres como a homes, mellorar as condicións de benestar persoal e familiar.
  • Mulleres e homes: cambiando as mentalidades para favorecer un avance na asunción das responsabilidades familiares / domésticas de forma corresponsable.