A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou a páxina web da Biblioteca Municipal de Narón, que xa pode consultarse no enderezo http://biblioteca.naron.es

A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou en rolda de prensa a páxina web da Biblioteca Municipal de Narón, que xa pode consultarse no enderezo http://biblioteca.naron.es/, e tamén a través dun enlance disponible na web do Concello (www.naron.es)

A edila explicou que trátase dunha páxina web na que é moi sinxelo navegar e acceder a todos os contidos. “Pensámola así porque está dirixida fundamentalmente a nenos e persoas maiores, que son o noso público maioritario”, declarou Mª del Carmen Espada sobre a Biblioteca Municipal de Narón que conta a día de hoxe con máis de 13.000 socios de número.

A estructura da web divídese en duas partes, que son a cabeceira (na que figura un banner actualizable no que se resaltan as noticias e os novos servizos), e a parte lateral esquerda (que contén os botóns para navegar  por tódalas seccións da páxina).

A web da Biblioteca incorpora información sobre os fondos bibliográficos, os servizos da mesma, os boletíns e diarios oficiais, a prensa local, rexional e nacional, e unha axenda coas actividades a celebrar no mes no que estamos, entre outras seccións.

Ademáis, inclúe dous blogs, un deles sobre noticias da biblioteca e outro dirixido aos nenos/as; tamén dispón de ligazóns a todas as páxinas web do Concello de Narón. Esta nova ferramenta foi definida hoxe pola Concelleira de Bibliotecas coma “unha forma máis de achegar a información a máis xente aínda”.

Pola súa banda, a bibliotecaria responsable da Biblioteca Municipal do Alto, Ainhoa González, comentou que neste lugar téñense habilitado catro salas de estudio coma unha solución que se lle deu a unha demanda que existía entre os estudiantes de Narón, para que non teñan que desprazarse ata Ferrol especialmente agora que están en período de exámenes finais.

O horario da Biblioteca cambiará a partires do día 12 de xuño, pasando a ser o seguinte: de martes a venres de 9 a 14:30 horas, e os luns e os mércores abre tamén de 18 a 21 horas. (No horario de verán as instalacións pechan o sábado e domingo, e as mañás dos luns).