As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións con sede en Galicia e sen ánimo de lucro

Axuda/Subvención: Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

Requisitos das beneficiarias:  As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade.É compatible a solicitude de subvención por parte dunha asociación coa pertenza a unha federación que, así mesmo, solicite a subvención.

  • É compatible a solicitude de subvención por parte dunha asociación coa pertenza a unha federación que, así mesmo, solicite a subvención.
  • Non se considerarán as solicitudes das entidades que non estean inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Tanto no caso das asociacións como das federacións as mulleres socias representarán, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.
  • Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a:


a) Promover a igualdade entre homes e mulleres.

b) Promover a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

Contía da subvención: A contía de cada axuda poderá alcanzar como máximo o 90% do total do orzamento presentado, sen que en ningún caso supere os 6.000 euros por entidade beneficiaria.

Gastos subvencionables: Concederanse axudas económicas para compensar os gastos de mantemento e funcionamento realizados e efectivamente pagados que orixine o mantemento ou funcionamento destas entidades entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.

- O mantemento inclúe o financiamento dos gastos correntes en bens e servizos asociados ao local onde se sitúe a sede social da entidade, obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicar incremento do valor patrimonial do dito inmoble.

- A subvención do funcionamento ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento das actividades propias e habituais da entidade, incluíndo gastos de subministracións, material funxible de oficina e ofimático, correo e outros análogos. Tamén serán subvencionables os gastos de persoal que desenvolva unicamente funcións administrativas.

- Todos os gastos serán correntes, polo tanto, as entidades beneficiarias non poderán imputar gastos de investimento para a xustificación da axuda concedida.

Presentación de solicitudes:  As entidades que desexen solicitar as axudas deberán dirixir a súa solicitude ao/á xefe/a do departamento territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza competente en función da provincia en que a asociación teña establecida a súa sede social.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro de Igualdade, sito no edificio administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela,  na oficina de rexistro xeral do edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela ou nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local. No caso de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

 Prazo de presentación: do 25 de maio ao 24 de xuño de 2010, ambos incluídos.

Publicación: DOG Nº 96, Luns, 24 de maio de 2010

Máis Información (Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/66e623e162729437c125772a0064dd3d/$FILE/09600D001P008.PDF