02/06 Mércores Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións con sede en Galicia e sen ánimo de lucro

02/06 Mércores Asociación de Homes pola igualdade de xénero

Esta asociación asume a responsabilidade dos homes na construcción dunha sociedade igualitaria. Ofrecen unha mensaxe en positivo que permitirá a moitos homes iniciar procesos de cambio e superar algunhas barreiras que existen na nosa sociedade.

09/06 Mércores Recursos educativos para a igualdade

O espazo web EducarenIgualdad pon a disposición de todos nós ferramentas e documentos no terreo da educación, así como unha base de datos de organismos e persoas que traballan na educación fomentando a igualdade.

14/06 Luns Nova web da Biblioteca Municipal de Narón

A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou a páxina web da Biblioteca Municipal de Narón, que xa pode consultarse no enderezo http://biblioteca.naron.es

18/06 Venres Encontro de Persoas Maiores de Narón

O Concello organiza este evento na área recreativa de Pedroso con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ao longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón

21/06 Luns A exposición "Elas sempre están" chegará a Narón o 17 de setembro

A exposición, comisariada por María Serantes, é unha homenaxe a muller rural. Conta con quince fotografías, da artista italiana Elisa Gianni, que reside en Galicia fai cinco anos, e unha poesía, da galega Lucía Aldao, que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.

22/06 Martes Encontro co meu corpo: Reflexoloxía podal

A reflexoloxía podal é a técnica mediante a que dando unha masaxe nos pés podemos equilibrar as diferentes partes do noso organismo.

24/06 Xoves Nova edición do Foro de Cidadás

O mércores 30 de xuño celebrarase o 33 Foro de Cidadás coa actividade "Encontro co meu corpo: reflexoloxía podal"

25/06 Venres Premio polo programa socioeducativo Alza

O Concello de Narón recibe un premio polo programa socioeducativo Alza, que se desenvolven nos centros escolares do noso municipio. Mª del Carmen Espada, concelleira de igualdade e ensino recolleu o galardón.