O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os diplomas do curso de “Atención a persoas dependentes” promovido polo Servizo Galego de Igualdade (SGI)

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os diplomas do curso de “Atención a persoas dependentes” promovido polo Servizo Galego de Igualdade (SGI) da Xunta de Galicia e impartido no Centro Municipal de Formación de A Gándara, cunha duración de 200 horas.

Un total de 14 alumnas remataron con éxito o curso, e a inserción laboral foi do 60% das mesmas (é dicir, 9 alumnas que fixeron o curso están xa traballando). O Alcalde desexoulles ó resto delas a mesma sorte que xa tiveron estas persoas, lembrándolles que “o goberno municipal está volcado na atención a persoas maiores e á infancia, e nesos mercados é máis sinxelo atopar hoxe en día un posto de traballo”, declarou Jose Manuel Blanco.

A  Concelleira de Igualdade saudou ás tres únicas mulleres que recolleron hoxe o seu diploma “dado que o resto están ocupadas, case todas no seu posto de traballo o cal é unha satisfacción para nos, especialmente neste contexto de crise económica no que nos atopamos e que fai aínda máis difícil para as mulleres a búsqueda de emprego”; salientou Mª del Carmen Espada.